RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor repite en pretemporada ante o Ourense CF no Couto, esta vez o sábado 26 de xullo ás 20:00

Por segundo verán consecutivo o Deportivo xogará no Couto ante o Ourense CF de Primera Federación.

Nesta ocasión o encontro, correspondente ao 2º Memorial Miguel Ángel, xogarase o sábado 26 de xullo a partir das 20:00 horas.

Os prezos das entradas son os seguintes: Tribuna, 15 euros; Preferencia, 10 euros; e nenos e nenas menores de 12 anos, 5 euros en ambas as bancadas.

Así pois, o calendario de partidos confirmados do Dépor esta pretemporada é o seguinte:

Mércores 23 de xullo, Estadio Vero Boquete - San Lázaro, 20:30: SD Compostela - Deportivo

Sábado 26 de xullo, O Couto, 20:00, 2º Memorial Miguel Ángel: Ourense CF - Deportivo

Mércores 30 de xullo, Vicarage Road, 19:45 (20:45 hora galega): Watford - Deportivo

Sábado 2 de agosto, Riverside Stadium, 15:00 (16:00 hora galega): Middlesbrough - Deportivo

Mércores 6 de agosto, Municipal Pepe Barrera, 19:00, 74ª edición do Trofeo Emma Cuervo: Deportivo - Real Oviedo

O cadro deportivista iniciou os adestramentos de pretemporada este luns 7 de xullo na Cidade Deportiva