RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B encadea ante o Olímpico de León a súa cuarta derrota consecutiva no Dépor Training Center

O Dépor ABANCA B caeu por 0-3 co Olímpico de León e encadea 4 derrotas consecutivas no Dépor Training Center.

Ademais das leonesas tamén gañaron ao filial deportivista o Athletic Club B, SD Eibar B e Real Sociedad B.

Decidiu o encontro a puntaría de Andrea Albiol, autora dos 3 tantos do Olímpico.

Foi titular Paula Redruello 'Redru', que esta semana estivo concentrada coa selección española sub-19 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

E Lucía Rivas e Michi Apóstol, que viaxaron a Sevilla co primeiro equipo, tamén saíron de inicio no equipo de Sandro Nogueira.

Con esta derrota, As Nosas quedan con 13 puntos na 8ª posición da táboa.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Michi Apóstol (Yanís Citoula, min. 46), Carmen, Marta Rico (Sara Cercido, min. 85), Lucía Rivas, Sonso (Laura Otero, min. 80), Lucía Mariño, Redru, Valbuena (Jenny Corros, min. 66) e Laura Ruiz (Noe Mayo, min. 80).

A próxima semana non hai competición de liga. A próxima cita para o Dépor ABANCA B será o sábado 6 de decembro ás 17:00 no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga FF.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3