RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, co partido en ABANCA-RIAZOR "no recordo", cambia o chip para recibir ao Barça B en Abegondo

Despois da xornada histórica vivida o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, con case 7.000 persoas na bancada no triunfo sobre o Deportivo Alavés Gloriosas, o Dépor ABANCA, hoxe con xornada de descanso, cambia o chip desde mañá mércores para a visita do FC Barcelona B a Abegondo, prevista para o sábado 18 de novembro ás 12:00 (Youtube RC Deportivo).

En rolda de prensa o domingo, Irene Ferreras manifestou que "era importante gañar, dar boa imaxe. O equipo fíxoo, sóubose adaptar a diferentes rexistros".

Ademais, está "agradecida a toda a xente que veu porque foi moi emocionante vivilo desde aí abaixo. As xogadoras necesitaban sentir o alento tan forte e tan de preto. Nun escenario así foi moi bonito e quedámonolo para o recordo".

De feito, a preparadora deportivista confesa que "se o penso emociónome. Para chegar a isto houbo que pasar moito. Temos a sorte de estar nun Club que nos abriu as portas de ABANCA-RIAZOR, #ANOSAFORZA respondeu. Isto para as xogadoras é o premio ao traballo do día a día. Estamos súper contentos de poder corresponder cun bo partido e un bo resultado". 

Este histórico triunfo, cos resultados do resto da xornada, manteñen ás Nosas á fronte da Primera Federación Iberdrola con 21 puntos por 19 do Alhama CF e RCD Espanyol, os seus inmediatos perseguidores.

De cara ao choque ante o filial azulgrana, o Dépor ABANCA completará 3 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con vídeo e traballo previo de ximnasio cada día antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 15 de novembro
10:00 h.

Xoves 16 de novembro
10:00 h.

Venres 17 de novembro
10:00 h.

Sábado 18 de novembro
12:00: Dépor ABANCA - FC Barcelona B, en Abegondo