RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, "coa cabeza alta", arrinca este martes unha semana que conclúe este domingo no Estadi Johan Cruyff

O Dépor ABANCA, hoxe luns con xornada de descanso, ponse en marcha mañá martes 29 de abril de cara á seguinte cita ligueira, a visita ao FC Barcelona prevista para o domingo 4 de maio no Estadi Johan Cruyff ás 17:30 (Gol Play, TVG-2, Dazn e 3Cat).

E farao "coa cabeza alta, a traballar e a enfrontarnos cun rival case invencible pero temos que dar o mellor de nós para tentar rascar algo", tal e como apuntou Fran Alonso en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR após o partido ante o Granada CF do pasado sábado.

Os resultados da xornada, coa derrota ante as granadinas, deixou ás Nosas en 13ª posición con 26 puntos.

O técnico deportivista asegura que o Dépor ABANCA afronta os 3 partidos que quedan en Liga F "con moitísima ilusión, con moitísimo traballo detrás. Creo que o equipo creceu moitísimo. Somos un equipo moitísimo máis sólido, con moita confianza, que xera ocasións en todos os partidos. Ás veces fáltanos un pouquiño de acerto. Cun pouco máis poderiamos estar máis arriba na clasificación e con moitísimas máis vitorias".

Considera que "estar na parte baixa penalízache un pouco".

Fran Alonso lembra que "dependemos de nós. Ninguén nos vai a regalar nada e cremos que temos as armas para conseguilo. A nosa mentalidade é que até o último partido imos estar loitando".

O corpo técnico dispuxo de 4 sesións de traballo matinais en Abegondo previas a viaxar a Barcelona. 

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 29 de abril
11:00 h.

Mércores 30 de abril
11:00 h.

Xoves 1 de maio
Descanso

Venres 2 de maio
11:00 h.

Sábado 3 de maio
11:00 h.

Domingo 4 de maio
17:30: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadi Johan Cruyff