Catro adestramentos previos ao Albacete Balompié para Os Nosos, conscientes de "apertar todos até o final"
O Dépor, este martes con xornada de descanso, realizará desde este mércores 30 de abril 4 adestramentos previos á visita do Albacete Balompié a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 4 de maio en ABANCA-RIAZOR por terceiro partido consecutivo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).
Os resultados da última xornada, coa derrota en Santander, deixaron a Os Nosos con 50 puntos na 12ª posición.
Óscar Gilsanz lembrou que "na xornada 42 a clasificación serán os merecementos de cada un. Non vai enganar. Por tanto hai que apertar todos até o final".
Diego Villares advirte que "nos quedan 5 partidos e hai moita xente que está a desexar ter minutos. E como equipo mellorar, seguir collendo boas sensacións".
Pola súa banda, Barbero pide "dalo todo ao máximo porque defendemos un escudo moi grande e temos que estar á altura en cada partido".
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 30 de abril 11:00 h.
Xoves 1 de maio 11:00 h.
Venres 2 de maio 11:00 h.
Sábado 3 de maio 11:00
Domingo 4 de maio 21:00: Deportivo - Albacete Balompié, en ABANCA-RIAZOR