RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA, coas súas 16 dispoñibles, pon fin a esta semana sen liga cun amigable mañá en León ante o Alavés

O Deportivo ABANCA porá fin a esta semana sen competición de liga debido aos compromisos da selección española na Copa de Nacións, cun amigable ante o Deportivo Alavés, de Primeira División, mañá venres 17 de febreiro ás 17:00 en León, nos campos de fútbol de La Granja.

Ademais de traballar sobre o céspede de Abegondo nestes días sen competición, o corpo técnico branquiazul dispuxo algunha actividade lúdica como unha mañá, a do pasado martes 14, no circuíto de Karting Marineda.

Para o compromiso amigable de mañá, Irene Ferreras leva ás súas 16 futbolistas que están ao cento por cento desde o punto de vista físico: Yohana, Samara, Henar, Inés Altamira, Eva Dios, Carlota Sánchez, Laura Fernández, Millene, Sara Navarro, Lucía, Ainhoa Marín, Patri López, Raquel, Marta Charle, Cris Martínez e Paula Monteagudo. María Calvo e Elena Vázquez, do Dépor ABANCA B, completan a convocatoria de 18 futbolistas.

Quedan na Coruña as lesionadas Aroa Guerra, Paula Gutiérrez e Carlota Suárez; ademais de Lorena Reina, con molestias nunha cadeira; e Letti Sevilla, con algunha molestia muscular. No caso destas dúas últimas xogadoras, Irene Ferreras non quere correr ningún risco de cara ao tramo decisivo da temporada.

O Deportivo Alavés é o actual pechacancelas de Primeira División con 12 puntos; mentres que o Deportivo ABANCA marcha na 4ª posición de Primera Federación FutFem con 37 puntos, os mesmos que o SD Eibar (3º con 37); e por detrás do CP Cacereño Femenino (2º con 38) e do FC Barcelona B (líder con 40 puntos).

Finalizado o encontro, As Nosas gozarán dunha fin de semana de descanso. O próximo adestramento na Cidade Deportiva será o martes 21 de febreiro ás 10:00.