RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA comeza a Primera Federación Iberdrola coa visita ao CE Europa de Barcelona

O Dépor ABANCA comezará a súa andaina a próxima temporada 2023-24 en Primera Federación Iberdrola o 9 ou 10 de setembro coa visita ao CE Europa de Barcelona, recentemente ascendido.

O primeiro partido das Nosas en Abegondo será unha semana despois, 16 ou 17 de setembro, ante o Atlético de Madrid B.

Con varios paróns durante o ano, a 26ª e última xornada disputarase o 27 ou 28 de abril de 2024 ante a Fundación Albacete Femenino, tamén lonxe da Cidade Deportiva branquiazul.

Do mesmo xeito que a pasada campaña, o campión subirá directamente á liga F, mentres que a outra praza de ascenso sairá dun playoff (semifinais e final) que a ida e volta disputarán do 2º ao 5º clasificado. Será esta fase final entre o 5 e o 15 de maio posto que os partidos de volta xogaranse en mércores.

Por outra banda, a primeira eliminatoria da Copa da Raíña terá lugar o 13 de setembro.