RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA dá un paso adiante imprescindible (2-3)

Dúas finais para evitar afrontar outra. Así se expuña o primeiro reto para o Dépor ABANCA antes de visitar Oviedo. Para a primeira delas Miguel Llorente apostou, respecto ao último partido, por cambios no centro do campo e na fronte de ataque, algúns obrigados polas circunstancias, como a lesión de Alba Merino. Laura Fernández regresou á titularidade, igual que Carlota, mentres que Vika mantívose como referencia arriba.

O Dépor ABANCA entrou enchufadísimo e após unha primeira triangulación sacada con dificultades pola defensa, á segunda Ainhoa puxo unha asistencia con forza que atopou no seu camiño a perna dunha defensora que sorprendeu a Miralles para pór o 0-1 no marcador.

Laura e Paula desviado puideron sumar o 0-2 porque o Dépor non baixou o ritmo xusto despois de adiantarse no partido. Aos poucos o encontro foise equilibrando e nunha xogada inesperada, con zapatazo desde a frontal da área, a uruguaia Yamila puxo o 1-1 cun disparo imposible para Ana Valles.

Após unha boa intervención de Miralles abaixo a lanzamento desde a frontal, o Oviedo tivo a súa á saída dun córner pasado ao segundo pau que a punto estivo de finalizar Yannel. Isina tentouno de lonxe e a punto estivo de sorprender por arriba pero o balón marchóuselle alto.

Unha perda perigosa das nosas nada máis comezar a segunda parte serviu a Isina para dispór da oportunidade de adiantarse. Un desenlace que arrincou con cambio incial no Dépor ABANCA ao entrar Aroa Guerra ao costado e levar arriba a Laura Fernández en lugar da substituída Vika. Fefa Lacoste tamén o tentou de falta directa sen problemas para Ana Valles.

Unha gran xogada combinativa entre Jone, Ainhoa e Laura serviu á dianteira valisoletana para pisar zona de perigo e forzar un córner. Ao saque de esquina Jone Ibáñez anotou o 1-2 para volver marcar o ritmo do partido no desenlace. Paula estivo a piques de sentenciar cun gran disparo desde a frontal da área que obrigou a estirar a man e despexar a córner a María Miralles. A exdeportivista non puido facer nada ante a seguinte, unha xogada similar na que Laura Fernández si atopou o fondo da portería para dar tranquilidade ao último cuarto de hora do partido.

A nove do final puido marcar o Real Oviedo pero o disparo franco de Carlota marchouse desviado. A que non fallou foi Alejandra Mouro con cinco máis engadido por diante para volver inxectar tensión ao partido.

Finalmente, o Dépor ABANCA aguantou o tirón e xogarase a permanencia sen play out o vindeiro sábado ante o Atleti B á espera de que o Dux, empatado a puntos, pique contra o Seagull.

Real Oviedo: María Miralles, Fefa Lacoste, Yannel, Vallejo (Lorena Reina, min. 85), María Iglesias, Isina, Yarima (Carla, min. 69), Yamila (Carlota, min. 61), Requena (Mariña, min. 69), Alejandra e Osorio (Sheyla, min. 85).

Dépor ABANCA: Ana Valles, Andrea Sierra, Inés Altamira, Raquel García, Eva Dios, Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, Laura Fernández e Vika Hiryn (Aroa Guerra, min. 46).

Goles: 0-1 Ainhoa (min. 3); 1-1 Yamila (min. 20); 1-2 Jone (min. 66); 1-3 Laura (min. 76); 2-3 Alejandra Moro (min. 86).

Árbitra: Ovies García (c. Asturiano). Amoestou a Isina (min. 28), Inés Altamira (min. 51) e Vallejo (min. 58).

Incidencias: partido da 29ª xornada de Reto Iberdrola disputado nas Instalacións Deportivas Tensi de Oviedo.