RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este domingo 5 de xaneiro a Valencia para visitar ao conxunto valencianista

O Deportivo ABANCA emprende viaxe a Valencia, vía Madrid, este domingo 5 de xaneiro para visitar o luns 6 (18:30) á Valencia CF Femenino no Estadio Antonio Puchades de Paterna (Valencia).

O regreso, tamén vía Madrid, será ao acabar o encontro, con chegada ao Aeroporto da Coruña o martes 7 pola mañá.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Domingo 5 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo
13:25: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid
14:45 (horario aproximado): Chegada a Madrid e saída en autocar a Valencia
20:30 (horario aproximado): Chegada a Valencia e aloxamento no Hotel Valencia Congress en Paterna

Luns 6 de xaneiro
18:30: Valencia CF Femenino - Deportivo ABANCA, no Estadio Antonio Puchades de Paterna
Ao concluír, viaxe en autocar a Madrid

Martes 7 de xaneiro
00:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC by Marriott Alcalá de Henares
11:25: Saída do voo de Madrid con destino ao Aeroporto da Coruña
12:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña