RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este sábado por estrada a Logroño para medirse en Las Gaunas ao EDF Logroño

O Deportivo ABANCA emprenderá viaxe por estrada este sábado 20 de marzo a Logroño para enfrontarse ao EDF Logroño no campo de Las Gaunas (12:00 horas), en partido correspondente á 23ª xornada na Primera Iberdrola.

Antes de subirse ao autocar, Manu Sánchez, técnico branquiazul, dirixirá unha última sesión de traballo en Abegondo, o mesmo sábado a partir das 9:30 horas.

O regreso á Coruña do conxunto deportivista tamén será por estrada, nada máis concluír o encontro ante as rioxanas, un rival directo na loita pola permanencia.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 20 de marzo
9:30: Adestramento en Abegondo
12:00: Saída en autocar a Logroño
20:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Zenit Logroño

Domingo 21 de marzo
12:00: EDF Logroño - Deportivo ABANCA, en Las Gaunas
Ao concluír, saída en autocar á Coruña