O Dépor ABANCA desprázase este venres despois de adestrar a Sevilla para visitar ao Real Betis
O Dépor ABANCA desprázase este venres 18 de xuño a Sevilla en voo directo desde o Aeroporto da Coruña para visitar ao Real Betis o sábado 19 de xuño (11:00 horas) no Municipal Felipe del Valle de Sevilla. O choque corresponde á 33ª xornada (penúltima) na Primera Iberdrola.
Antes de partir á capital andaluza, Manu Sánchez dirixirá un último adestramento na Cidade Deportiva de Abegondo.
O regreso á Coruña será por estrada nada máis concluír o partido ante as verdibrancas.
O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:
Venres 18 de xuño 10:00: Adestramento en Abegondo 13:30: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Sevilla 14:35: Chegada aproximada ao Aeroporto de Sevilla e traslado ao hotel AC Ciudad de Sevilla
Sábado 19 de xuño 11:00: Real Betis - Deportivo ABANCA, no Municipal Felipe del Valle de Sevilla Ao concluír, regreso en autocar á Coruña