RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA pasa páxina e "xa coa cabeza preparada" visita mañá sábado ao Córdoba CF

Un Dépor ABANCA que foi "de menos a máis durante os adestramentos desta semana", tal e como asegurou en rolda de prensa esta mañá a súa adestradora Irene Ferreras, encara a próxima cita en Primera Federación Iberdrola mañá sábado 25 de marzo ás 12:30 ante o Córdoba CF na Cidade Deportiva do conxunto andaluz, correspondente á 24ª xornada.

A pesar do revés do pasado sábado ante o FC Barcelona B en Abegondo, As Nosas manteñen a 2ª posición na clasificación con 41 puntos, igualadas a puntos iso si co CDF Osasuna Feminino. Por diante marcha destacado o FC Barcelona B con 46 puntos; mentres que CP Cacereño e SD Eibar son 3º e 4º respectivamente con 40 puntos.

A técnica deportivista admitiu en rolda de prensa que "despois dunha derrota como a do Barça é difícil levantar a moral das xogadoras".

No entanto, precisou que "onte terminamos moi ben o último adestramento da semana (en herba artificial como os do resto da semana) e as cabezas xa están preparadas para o próximo partido".

Será baixa Millene Cabral, afectada dunha lumbalxia. "Ten problemas de costas. Tiñamos moitas dúbidas de que puidese chegar e ao final vaise a quedar aquí", aclarou Irene Ferreras.

Paula Monteagudo será a representante de #ANOSACANTEIRA na citación de 18 futbolistas.

Pola súa banda, o Córdoba CF é penúltimo (15º) na táboa con 17 puntos. Chega ao choque após caer a pasada fin de semana (1-0) na súa visita ao Real Oviedo.

No partido da primeira volta disputado en Abegondo, o triunfo foi deportivista por 3-1, con goles de Inés, Carlota Suárez e Ainhoa Marín, todos eles na primeira metade.

Esta temporada na súa Cidade Deportiva, o Córdoba CF gañou ao CD Alba Fundación Feminino (2-0), Real Oviedo (3-0) e CD Juan Grande Ginelux (4-1); empatou co Athletic Club B (2-2), FC Barcelona B (1-1) e CP Cacereño Feminino (1-1); e caeu ante o RCD Espanyol (0-2), DUX Logroño (1-2), SD Eibar (0-1), Granada CF (1-2) e Rayo Vallecano (0-2).

O conxunto deportivista non se adestrou xa hoxe venres. Tan só houbo unha sesión de vídeo á primeira hora da tarde antes emprender viaxe segundo esta folla de ruta:
Venres 24 de marzo
18:10: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Málaga
19:40 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Málaga e traslado en autocar a Córdoba
21:45 (horario aproximado): Chegada ao hotel EXE As Adelfas (Córdoba)

Sábado 25 de marzo
12:30: Córdoba CF - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Córdoba CF - Rafael Gómez
Ao concluír comida no Hotel EXE As Adelfas (Córdoba)
16:30: Traslado en autocar ao Aeroporto de Sevilla
20:30: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino Santiago
22:00: Chegada aproximada a Galicia

Finalizado o encontro, As Nosas descansarán o domingo 26 e o luns 27; e regresarán aos adestramentos o martes 28 de marzo ás 10:00 en Abegondo.