RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA preparará con tres adestramentos a visita ao Athletic Club B deste sábado en Lezama

O Dépor ABANCA, que hoxe martes ten xornada de descanso, regresa a Abegondo mañá mércores para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Athletic Club B do sábado 2 de abril ás 18:30 en Lezama.

A última xornada ligueira, a 22ª, apertou máis a loita pola única praza ascenso no grupo norte de Reto Iberdrola, con dous equipos á fronte da táboa igualados a 44 puntos (FC Levante Las Planas e RCD Espanyol); tres por detrás con 43 puntos (Deportivo ABANCA, CDF Osasuna Femenino e SE AEM); e un sexto equipo con 42 puntos (DUX Logroño).

Kevin Cabado, adestrador do filial que está estes días ao mando do equipo xunto ao resto do corpo técnico do Deportivo ABANCA, dispuxo desde mañá mércores tres sesións de traballo matinais en Abegondo.

A maiores, o equipo realizará o mesmo sábado, día do partido, pola mañá unha suave sesión de activación no mesmo hotel de concentración deportivista.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 30 de marzo
11:30 h.

Xoves 31 de marzo
11:30 h.

Venres 1 de abril
11:30 h.

Sábado 2 de abril
18:30: Athletic Club B - Deportivo ABANCA, en Lezama