RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA proponse "traballar moi duro durante a semana para tentar darlles a ANOSAFORZA esa alegría a fin de semana" no partido ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA retoma este mércores 11 de febreiro os adestramentos, en palabras de Fran Alonso, "xa con ganas de empezar a nova semana para tentar facer en ABANCA-RIAZOR algo parecido diante de ANOSAFORZA", en referencia ao partido deste sábado 14 de febreiro ás 16:00 ante o Sevilla FC, retransmitido en directo por Dazn e RTVE.

O técnico deportivista confesa que ante o Real Madrid CF, no último partido en casa, "foi moi especial a ovación de ANOSAFORZA a pesar de non conseguir a vitoria. Apreciaron como o tentamos, como sufrimos até o final. Temos moitísimas ganas de facer un bo partido ante un rival que está nun moi bo momento de forma, que está aí arriba".

Insiste en "darlles a vitoria á afección e devolverlles ese agarimo que nos mostran"; e promete "traballar moi duro durante a semana para tentar darlles a ANOSAFORZA esa alegría a fin de semana".

O Dépor ABANCA atravesa a mellor serie goleadora da temporada, cun total de 12 goles no últimas tres xornadas, confirmando o crecemento ofensivo do equipo neste tramo de competición.

Ademais, o conxunto branquiazul asinou co 1-6 ante o Madrid CFF o mellor resultado da súa historia en Primeira División, superando o seu anterior mellor rexistro, establecido na temporada 2020-21 após o 5-1 ante o Sporting Huelva.

As Nosas, con 20 puntos, marchan na 11ª posición da táboa.

O corpo técnico dispuxo de 3 sesións matinais no Dépor Training Center con esta planificación:

Mércores 11 de febreiro
10:45 h.

Xoves 12 de febreiro
10:45 h.

Venres 13 de febreiro
11:30 h.

Sábado 14 de febreiro
16:00: Deportivo ABANCA - Sevilla FC, en ABANCA-RIAZOR