RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, que hoxe descansa, inicia mañá a preparación da visita do DUX Logroño

O Deportivo ABANCA, que hoxe luns 9 de maio ten día de descanso, inicia mañá a preparación da seguinte cita ligueira, a visita do DUX Logroño a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 14 de maio ás 19:30, unha vez finalizado o choque do equipo masculino ante o CD Tudelano.

A 27ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola deixa ás branquiazuis en sétima posición da táboa con 46 puntos, en posto de play out.

Miguel Llorente terá catro adestramentos para preparar o choque ante as rioxanas, tres deles en Abegondo e o do venres 13 en ABANCA-RIAZOR, escenario do partido.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 10 de maio
17:00 h., en Abegondo

Mércores 11 de maio
17:00 h., en Abegondo

Xoves 12 de maio
11:30 h., en Abegondo

Venres 13 de maio
12:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Sábado 14 de maio
19:30: Deportivo ABANCA - DUX Logroño, en ABANCA-RIAZOR