RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA tómase un respiro até o vindeiro martes 5

O Dépor ABANCA tómase un respiro aproveitando o parón en Primera Federación Iberdrola polos compromisos da selección española.

Irene Ferreras dirixiu esta mañá no campo do Monte de San Tirso a última sesión de traballo desta semana. 

Ao concluír, as branquiazuis teñen tres días de descanso posto que regresarán aos adestramentos o martes 5 de decembro ás 10:00 en Abegondo.

A próxima cita ligueira será o sábado 9 de decembro ás 12:00 na Cidade Deportiva (Youtube RC Deportivo) ante o Athletic Club B, en partido correspondente á 9ª xornada.