RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa este sábado a Lleida, vía Barcelona, despois de adestrar en Abegondo

A próxima fin de semana tócalle de novo ao Dépor ABANCA xogar lonxe de Abegondo, esta vez coa visita ao SE AEM Lleida, en partido correspondente á 18ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

As branquiazuis desprázanse á cidade catalá, vía Barcelona, o sábado 26 de febreiro despois de completar en Abegondo a última sesión de traballo previa ao encontro.

O regreso á Coruña da expedición deportivista será o domingo pola tarde, unha vez finalizado un partido que será retransmitido en directo a través da plataforma da Federación Catalana de Fútbol.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 26 de febreiro
11:30: Adestramento en Abegondo
13:45: Comida no Restaurante Las Tablas (Carral)
17:50: Saída do voo de Santiago con destino Barcelona
19:30: Chegada ao Aeroporto de Barcelona e traslado en autocar a Lleida
21:30 (horario aproximado): Chegada e aloxamento no Hotel Zenit Lleida

Domingo 27 de febreiro
12:00: SE AEM Lleida - Deportivo ABANCA, no Municipal de Recasens
21:20: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino Santiago
23:10: Chegada aproximada a Galicia