RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA volve mañá martes aos adestramentos xa cos cinco sentidos no RCD Espanyol

Despois dunha fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro, As Nosas regresan mañá martes 25 de febreiro aos adestramentos en Abegondo de cara á visita ao RCD Espanyol, prevista para o domingo 2 de marzo ás 12:00 (Dazn, Gol Play, TVG e 3CAT) na Cidade Deportiva Dani Jarque. 

O Dépor ABANCA, con 20 puntos, retoma a competición na 13º posición na táboa despois de 19 xornadas.

Fran Alonso dispuxo de 5 sesións de traballo previos ao encontro ante as espanyolistas.

Todos os adestramentos arrincarán no céspede ás 11:00 salvo o do sábado 1 de marzo, que será ás 9:00, para viaxar a Barcelona ao concluír.

Cada día haberá charla previa e unha activación antes de saír ao campo; con almorzo e comida para o cadro na mesma instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 25 de febreiro
11:00 h.

Mércores 26 de febreiro
11:00 h.

Xoves 27 de febreiro
11:00 h.

Venres 28 de febreiro
11:00 h.

Sábado 1 de marzo
9:00 h.

Domingo 2 de marzo
12:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Dani Jarque