RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor actívase en Reus

O Dépor realizou esta tarde no campo anexo ao Estadi Municipal de Reus o último adestramento previo ao encontro de mañá domingo 30 de agosto no Nou Estadi de Tarragona ante o Nàstic (20:30, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 7 xornada de LaLiga 1|2|3.

Os 18 futbolistas desprazados a Cataluña realizaron minutos despois das 18:30 da tarde unha sesión de activación, cun quecemento, uns xogos con balón, rondos e, para finalizar, ensaio de accións a balón parado, hoxe lanzamento de faltas e defensa de saques de banda.