RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor adestrouse esta mañá para buscar en Burgos "unha continuidade do traballo da semana pasada en canto ao equipo que se viu"

O Dépor adestrouse esta mañá no campo 3 da Cidade Deportiva en busca este domingo 19 de xaneiro ás 14:00 no Plantío (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) de "unha continuidade no traballo da semana pasada en canto ao equipo que se viu, ás prestacións tanto a nivel ofensivo como defensivo. Estamos nese camiño", segundo explicou Óscar Gilsanz na sala de prensa esta mesma mañá.

O técnico asegura todo o equipo estar "coa cabeza pensando no Burgos CF, que é o único que nos preocupa".

Para iso, o adestrador deportivista dispuxo após unha activación con rondos, un exercicio de finalizacións.

Escudero adestrouse á marxe e Barbero incorporouse ao grupo. Óscar Gilsanz lembrou que o dianteiro andaluz "estivo a facer traballo condicional por unha pequena molestia" e do lateral zurdo desvelou que "se está avaliando a mellor solución para recuperarse canto antes e sobre todo recuperarse ben".

Traballou con normalidade Lucas, aínda que "está aínda débil por ese virus. Está a adestrar con certa precaución para que cheguemos todos ao fin de semana o mellor posible", explicou.

Kevin Sánchez foi o representante de ANOSACANTEIRA. "Ten moi claro o que é o fútbol profesional, o que quere. É un dos xogadores de canteira que máis en conta temos, non é o único. El sabe que se pode ter minutos no primeiro equipo moito mellor; e se non os ten é o primeiro que quería estar en Ávila, quería axudar ao Fabril e con esa intención percorreuse os quilómetros o domingo pasado", subliñou Óscar Gilsanz sobre o internacional canteirán.

Mañá sábado Os Nosos adiantan o horario de adestramento na Cidade Deportiva, que empezará ás 10:00 en lugar da as 11:00 posto que ao concluír, a expedición deportivista viaxará por estrada a Burgos.