RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor adxudícase o LV Trofeo Concepción Arenal

    O Deportivo se adjudicó na Malata a 55 edición do Trofeo Concepción Arenal ao imporse ao anfitrión Racing de Ferrol (0-2).

O partido decidiuse nos primeiros 45 minutos. Carles Gil adiantou ao Dépor no minuto 17 nunha bonita xogada persoal que resolveu cun chute desde a frontal.
 
O Racing non se rendeu e obrigou a Tyton a lucirse en varias intervencións.
 
Oriol Rise, tras un gran pase de Emre, anotou o segundo e case pechaba o partido e o trofeo.
 
Na segunda metade, ambos os equipos iniciaron un carrusel de cambios, co que baixou o ritmo de xogo e a precisión nas accións. Apenas houbo ocasións de gol nas dúas portarías.
 
Deportivo: Tyton (m. 72, Rubén), Laure, Nacho Monsalve, Albentosa (m. 31, Sidnei, m. 63, Arribas), Saul (m. 72, Navarro), Gil (m. 72, Bruno Gama), Borges (m. 72, Fayçal), Alex Bergantiños (m. 72, Mosquera), Emre (m. 46, Guilherme), Óscar Pinchi (m. 72, Borja Vale) e Oriol (m. 72, Lucas).
 
Goles: 0-1, m. 17: Carles Gil; 0-2, m. 33: Rise.