RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor afronta o Trofeo Concepción Arenal con 20 xogadores, entre eles Somma e 3 fabrilistas

O Dépor disputa esta tarde o LVII Trofeo Concepción Arenal fronte ao Racing de Ferrol no campo da Malata. O encontro arrancará ás 20:00 horas e as entradas terán prezos populares, desde os 10 euros de Tribuna aos 5 dos fondos, pasando polos 7 que custa a Preferencia. Todos os menores de 12 anos teñen entrada gratuíta, previa retirada da correspondente invitación.

Os despachos de billetes da Malata permanecerán abertas desde as 17:00 horas.

A novidade na convocatoria de Natxo González será a presenza de Michele Somma por primeira vez desde a súa chegada ao Club; e de 3 fabrilistas: Uxío, Mujaid e Guillermo May.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Fede Cartabia e Domingos Duarte.

No adestramento desta mañá, após un quecemento e uns rondos, os futbolistas tiveron un traballo táctico ofensivo e, para concluír, ensaio de accións a balón parado, un aspecto no que día a día insiste o adestrador branquiazul cos seus xogadores.

Os futbolistas que quedaron fóra da convocatoria por decisión técnica, caso de Álex Bergantiños, Quique González, Bóveda e Caballo completaron a mañá cun circuíto físico con finalizacións.

Tralo partido en Ferrol, o cadro está citado de novo en Abegondo mañá mércores 29 ás 10:30 horas.