RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor baixa as pulsacións con xogos con balón e rondos

O Dépor baixou as pulsaciones cunha mañá na Cidade Deportiva a base de xogos con balón e rondos. Desta forma, o corpo técnico branquiazul mantén a rutina habitual de rebaixar a carga física dous días antes de cada partido, neste caso ante a visita o domingo 7 de novembro en Las Gaunas ao UD Logroñés (17:00 horas, Footters).

Con Valín como único futbolista á marxe, Trilli, Noel e Yeremay foron os representantes de #ANOSACANTEIRA esta mañá no primeiro equipo.

Borja Jiménez, técnico deportivista, confirmou en rolda de prensa que "Pablo Trigueros reincorporouse ao grupo. A principios de semana, martes e mércores, en menor intensidade pero onte si que fixo todo o adestramento. Está nese período de vir dunha lesión. Trilli non tivo ningún problema durante a semana, que iso é moi positivo. E Valín ten unhas pequenas molestias na zona do aductor que lle obrigou a parar esta semana".

Mañá sábado 6 de novembro, o Dépor adianta o seu horario de traballo e saltará ao céspede de Abegondo a partir das 9:30 en lugar das 10:30, como adoita ser habitual. O motivo é que nada máis concluír, os convocados por Borja Jiménez partirán en autocar a Logroño, con parada en ruta para comer.