RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor cae na súa posta de longo en Colombia

- Foto: LFP - O Dépor estrenó en terras suramericanas tempada, camiseta e participación na LFP World Challenge. Además, o partido de Colombia fronte a Independente Santa Fe, supuxo también o debut de Víctor Fe

O choque deixou patentes os diferentes niveis de preparación entre o conxunto colombiano, que aprazou o seu debut esta semana en liga fronte a Fortaleza para poder disputar este amigable, e un Dépor que tan só leva unha semana traballando tras as vacacións.
 

- Foto: Armando Medina -

O partido arrincou con precaucións por parte de ambos os equipos e cunha primeira aproximación do Deportivo por medio dunha falta que lanzou alta Juan Carlos tras unha infracción cometida sobre Juan Domínguez.
 
Xusto antes do primeiro e único gol do encontro, o Dépor dispuxo da mellor ocasión da primeira parte despois dun pase en profundidade de Rudy cara á posición de Borja Bastón, que acabou rematando desviado sobre a portaría de Camilo Vargas. 
 
Só dous minutos despois Luís Manuel Seijas anotou un auténtico golazo. O xogador venezolano enganchou unha espectacular volea chegando sobre a frontal da área para rematar un centro desde a dereita e pór o 1-0 no marcador. A punto estiveron os locais de ampliar diferenzas pouco despois por mediación de Morelo que, tras superar a Insua, disparou raso, atopándose cunha boa man de Lux abaixo. E xusto a continuación foi Rangel o que rematou de cabeza completamente só e desviado da portaría de Poroto.
 
O gardameta arxentino tivo que abandonar o campo no minuto 28 a consecuencia dunhas molestias no recto anterior da perna dereita. Fabricio ocupou o seu lugar para defender a meta branquiazul nos últimos minutos dun primeiro tempo que se consumiron sen ocasións en ningunha das áreas.
 
Co comezo da segunda parte producíronse os primeiros movementos de banco por parte de Víctor Fernández que deu entrada a Lopo en substitución de Manuel Pablo. Trece despois Luisinho deixou o seu lugar no campo a Roberto Canella, que debutaba deste xeito como xogador do Deportivo. Un debut que tamén chegou para Álvaro Queijeiro e Stefan Deak, completando todas as posibilidades de cambio dun Víctor Fernández que, coas baixas por lesión de Wilk, Conca, Lucas e Arizmendi, dispón dos xogadores xustos para poder armar unha convocatoria e repartir os minutos entre os futbolistas. Uns minutos que os deportivistas comezaron a acumular nas súas pernas no partido ante Independente do que apenas se poden extraer lecturas a futuro polo curto período de preparación que ten polo momento o equipo.
 
Na segunda parte o Dépor estivo algo máis enchufado, movendo o balón con máis velocidade e precisión pero sen xerar ocasións de perigo. Aos poucos esta intensidade foise perdendo e o partido regresou aos camiños da primeira metade, con maior control por parte dos locais e un Dépor máis expectante, aguantando as acometidas de Santa Fe e tratando de sacar a pelota xogada desde atrás pero sen claridade de ideas.
 
Con dous remates altos, un de Mira fronte a Fabricio e o último de Álex Bergantiños tras centro de falta de Queijeiro, acabou un partido sen historia que si pasará á particular do Deportivo por disputarse en terras colombianas e por ser o primeiro para os branquiazuis representando ao fútbol español na LFP World Challenge.
 
Independente Santa Fe: Vargas; Otálvaro (Mosquera, min. 68), Da Costa, Meza, Roia; Anchicó (Arias, min. 71), Torres, Seijas; Pérez (Rodríguez, min. 79), Morelo (Mina, min. 80); Rángel (Jerome, min. 68).
 
RC Deportivo: Lux (Fabricio, min.28); Laure, Manuel Pablo (Lopo, min.45), Insua (Deak, min. 78), Seoane; Alex Bergantiños, Juan Domínguez (Álvaro Queijeiro, min. 74), Juan Carlos, Rudy (Toché, min. 72), Lusinho; Borja Bastón.
 
Árbitro: Imer Machado (Colombia). Sen amoestacións
 

- Foto: LFP -

Incidencias: primeiro partido da LFP World Challenge disputado no estadio Nemesio Camacho "O Campín" de Bogotá. Antes do encontro, os Conselleiros Martín Pita e Fernando Vidal, acompañados por Javier Tebas, presidente da LFP, fixeron entrega dunha camiseta do Deportivo ao museo do club colombiano.