RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Depor cede ante a Lazio no tramo final

A meta Felipe debutó esta tarde co Deportivo no Olímpico de Roma con derrota (3-1) ante a Lazio. Foi o ultimo partido de pretemporada do conxunto de Lotina, que arrinca a liga o próximo domingo ao cinco da tarde en Riazor ante o Zarag

O partido tivo 72 minutos igualados e mesmo con dominio deportivista, pero o penalti que transformou Hernanes decanto o partido para o conxunto local.

Os primeiros compases foron de dominio do balón do Deportivo, aínda que se adianto a Lazio aos 11 minutos nun balón longo ás costas dos centrais do deportivistas. Rocchi deixo o balón en bandexa para que Zarate empuxase a porta baleira.

O Deportivo non acuso o golpe, encerrou á Lazio no seu campo e empatou con xustiza no minuto 22 grazas á boa definición de Adrian, só ante Muslera.

De aí ao descanso, moita posesión do Deportivo e unha ocasión para cada equipo. Aythami remata tras un fallo da meta Muslera nun saque de esquina. Saco un defensa italiano na mesma raia de gol.

No outro área, a Lazio monta un veloz contragolpe nun saque de esquina favorable ao Deportivo. Rocchi encara a Felipe pero tenta ceder a un compañeiro do mesmo xeito que no gol local. Esta vez, o colexiado do partido sinalo fóra de xogo aínda que xa rexeitara a saque de esquina a defensa deportivista.

A segunda parte comezou con seis cambios na Lazio, que salio disposta a desnivelar o marcador. Aínda que a oportunidade mais clara tívoa Adrian no 55, pero o seu man a man sálvao Muslera.

Saul, que relevo a Michel, situouse con Adrian en punta ata a entrada no campo de Valeron, que entro por Desmarets. O partido igualouse algo mais en posesión.

Pero un discutido e inocente penalti de Laure, transformado por Hernanes, pon en vantaxe á Lazio no minuto 72. Aquí acabo a resistencia do Deportivo, que encaixo un terceiro tanto de Floccari, ao aproveitar unha indecisión do mediocampo e defensa deportivista. O Lazio gozo dalgunha oportunidade para lograr algún gol mais.

Lazio: Muslera, Biava, Dias, Stendardo, Lichtsteiner, Gonzalez, Ledesma, Mauri, Garrido, Rocchi, Zarate. Saíron ao empezar o segundo tempo: Radu, Brocchi, Matuzalem, Foggia e Floccari. No minuto 50: Hernanes. No minuto 75: Berni (porteiro suplente), Scaloni e Do Nero. No minuto 80: Cribari. E no minuto 86: Kozak.

Deportivo: Felipe, Laure, Aythami, Ze Castro, Seoane; Antonio Tomas (m. 55, Ruben Perez), Juan Rodriguez, Desmarets (m. 68, Valeron), Gardado (m. 79, Pablo Alvarez), Michel (m. 55, Saul) e Adrian (m. 79, Riki).

Arbitro: Carmine Russo (Italia). Amoestou a Juan Rodriguez.

Goles: 1-0, m. 11: Zarate; 1-1, m. 22: Adrian; 2-1, m. 72: Hernanes, de penalti; 3-1, m. 79: Floccari.

Incidencias: Olímpico de Roma. Antes do partido, o Lazio presento á súa nova incorporación, o dianteiro brasileiro Hernanes.