RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor céntrase en Unionistas porque considera o choque "unha preparación dobre para todo o que vén"

Esta mesma mañá, en rolda de prensa, Miku, un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario branquiazul, recalcou ante os medios de comunicación que "agora toca pensar en Unionistas e en preparar ben o partido", en referencia á última xornada de liga no grupo 1º de Primera RFEF deste sábado 28 de maio ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2, Footters e Fuchs Sports).

Insiste en que este partido ante os salmantinos "vai ser unha preparación dobre para todo o que vén dentro de dúas semanas".

Dito meu feito, após pasar pola sala de vídeo e, xa no céspede, arrancar cun quecemento e uns rondos, Borja Jiménez comezou a trazar o plan para o sábado cun partido a tres cuartas partes do campo 3.

Víctor, Rafa de Vicente e Trilli tiveron adestramento personalizado; mentres que Noel, Yeremay, Alberto e Brais Val foron, á marxe de Trilli, a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

Iván Guerrero, un dos canteiráns que está no radar do primeiro equipo, terá que gardar repouso os próximos días debido a unha tendinopatía bicipital distal na súa perna esquerda.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo pero a partir das 11:30 horas.