RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor céntrase esta mañá en aspectos tácticos

O Dépor centrouse hoxe martes 15 de marzo en Abegondo no aspecto táctico na preparación da visita da Cultural Leonesa a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 19 de marzo ás 19:00 horas (fuchs-sports.com), en partido correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Primera RFEF.

Así, tras un quecemento con rondos, Borja Jiménez dispuxo un exercicio táctico con porterías pequenas no campo 2 como unha das tarefas principais da mañá; acompañado logo dun partido a tres cuartas partes de campo.

A xornada finalizou con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Noel, Yeremay, Alberto, Iván Guerrero e Trilli, este último con traballo individualizado debido a unhas molestias nun nocello, foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

As ausencias no grupo, ademais do citado Trilli, foron Víctor e Álvaro Rey, quen esta mañá xa saltou ao céspede co readaptador, Álex Canosa.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.