RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor cita a 22 xogadores para medirse mañá ao Real Madrid Castilla na cuarta cita da Xira Integral Motion 2022

O Deportivo leva a 22 xogadores ao amigable de mañá sábado 6 de agosto ás 19:00 horas no campo de Cantarrana (Viveiro) ante o Real Madrid Castilla, cuarta cita da Dépor Xira Integral Motion 2022.

Na lista entrou Rubén Díez, que hoxe venres viviu o seu primeiro día de adestramento en Abegondo cos seus novos compañeiros.

Causan baixa de maneira forzosa Héctor e Roberto Olabe, que están con traballo individualizado; ademais de Trilli e Borja Granero, na recta final da súa recuperación.

Tampouco está na citación Ibai Gómez, do que falou Borja Jiménez en rolda de prensa esta mesma mañá: "Leva connosco catro sesións se non recordo mal, desde o luns. Temos que ir aos poucos porque é un xogador que non empezou a pretemporada connosco. Non imos ter présa en que xogue o primeiro partido porque se non a tivemos co resto de compañeiros non a imos a ter con el. É ir vendo as súas sensacións, que vaia collendo bo ton físico, que o risco de lesión sexa o mínimo posible nestes partidos de pretemporada. Terá o seu momento seguro".

Insiste o técnico deportivista en que "hai que correr demasiado, que non nos interesa. Hai que centrarse no día 28 que é cando empeza a competición e que os xogadores cheguen en bo momento a ese día".

Yeremay, Mella, Jairo, Brais Val, Ángel Puerto, Tim Caroutas e Marcel son a representación de #ANOSACANTEIRA na citación.

Esta tarde, após unha activación con xogos, Borja Jiménez dispuxo un exercicio oito contra tres, unha tarefa de conservación de balón e un partido once contra once no campo 3.

Pola súa banda, o Real Madrid Castilla que dirixe Raúl e no que milita o ex deportivista Noel, chega ao partido de Viveiro após impoñerse o pasado mércores tamén a un rival de superior categoría, o CD Lugo (1-2) no mesmo escenario do choque de mañá, o Estadio de Cantarrana.

Como o resto de pretemporada, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

As entradas custan 15 euros (menores de 12 anos gratis) e pódense adquirir anticipadamente nas oficinas do Viveiro CF en Cantarrana, en Óscar Joyeros e na Vinoteca Aquitania. Mañá sábado tamén estarán dispoñibles no despacho de billetes do Estadio desde unha hora antes do comezo do amigable.

Rubén Díez, novidade xa no adestramento matinal

Rubén Díez, a última incorporación do Dépor, foi a novidade de hoxe venres.

O novo centrocampista branquiazul, que chega procedente do CD Tenerife, equipo no que estaba a realizar a pretemporada, adestrouse con normalidade xa desde a mañá nunha sesión de baixa intensidade, cunha activación, rondos, futvoley e un xogo técnico.

Precisamente sobre Rubén referiuse ante os medios de comunicación Borja Jiménez: "É o perfil de xogador que estabamos a buscar. É unha operación que se iniciou hai bastantes semanas. Non foi fácil ter ao xogador aquí. Vainos a dar esa versatilidade dun xogador que pode facelo de '8' nun dobre pivote, de interior, por fóra, de '10'... Un xogador que en calquera posición de tres cuartos cara a adiante pódese desenvolver e nesta categoría mesmo máis atrás como pasou con Juergen Elitim o ano pasado pode mostrar bo nivel".

Trilli e Borja Granero completaron tamén unha mañá de baixa carga física; e, por conseguinte, quedaron con traballo personalizado Héctor Hernández e Roberto Olabe.

Borja Jiménez falou tamén ante os medios sobre este último futbolista: "Está na súa última fase. No adestramento antes de Arteixo fíxose un pouco de dano. Pensamos que era unha zona na que non había maior risco. Ao final foi un pouco máis abaixo, no aductor, de algo máis de tempo do que esperabamos. Está a terminar a súa fase e esperemos que a semana que vén xa desde o principio estea co grupo".

Finalmente Yeremay e Mella foron pola mañá a representación de #ANOSACANTEIRA.