RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou esta tarde a preparar a visita ao Athletic Club

O Deportivo comezou esta tarde en Abegondo a preparar a visita ao Athletic Club en San Mamés, prevista para este sábado 14 de abril ás 20:45 horas (Bein LaLiga), correspondente á 32ª xornada en LaLiga Santander.

Son baixa por lesión Bóveda, Fede Cartabia e Muntari, que quedaron no vestiario.

Para todo o equipo, sobre o céspede do campo 2, houbo un quecemento, un exercicio de posesión e un partido.

Retirouse antes que o resto dos seus compañeiros Sidnei, cunhas molestias nos isquiotibiais, pendente de avaliación médica.

Mañá martes, todo o equipo está citado en Abegondo de novo ás 18:00 horas. Pola mañá, ás 11:00 horas, realizarán un traballo específico Borja Valle, Andone, Carles Gil, Gerard Valentín, Schär, Fede Valverde, Bakkali e Krohn-Dehli.