RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou esta tarde a preparar a visita do Málaga

Tralo día de descanso de onte martes, o Deportivo comezou esta tarde en Abegondo a preparar a visita do Málaga CF ao Estadio ABANCA-RIAZOR, en partido da 31ª xornada de LaLiga Santander previsto para este venres 6 de abril ás 21:00 horas (Bein LaLiga).

A sesión comezou na sala de vídeo para todo o cadro. A continuación, xa sobre o céspede, os futbolistas realizaron un quecemento, un traballo de ataque-defensa, un exercicio de posesión e un partido. Ao final, Clarence Seedorf quedou no campo 2 uns minutos máis cos atacantes para realizar finalizacións, todo iso por espazo dunha hora e tres cuartos de duración.

Mañá xoves, os futbolistas están citados no Estadio ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada que arrancará ás 18:00 horas.