O Deportivo coñecerá este martes 9 de decembro a partir das 13:00 (Teledeporte, Movistar Plus+ e rfef.es) o seu rival en deiciseisavos de final da Copa del Rey, que será un equipo de Primera División nunha eliminatoria que se xogará a partido único en ABANCA-RIAZOR o 16, 17 ou 18 de decembro.
A mecánica do sorteo, segundo explica a RFEF é a seguinte:
-O Ourense CF, equipo que chega da Copa Federación, será o primeiro en saber o seu rival, que será o Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid ou Athletic Club.
-A continuación o Atlético Baleares, único equipo de Segunda Federación, quedará emparellado cun dos 3 'grandes' restantes que se incorporaron nesta rolda á Copa.
-Os outros dous participantes da Supercopa de España enfrontaranse a 2 dos equipos sobreviventes de Primera Federación (CD Guadalajara, Real Murcia, CF Talavera ou CD Eldense).
-Sen xa ter en conta o criterio de proximidade xeográfica, os outros dous equipos restantes de Primera Federación terán rivais de Primera División (Deportivo Alavés, CA Osasuna, RCD Mallorca, Getafe CF, Real Sociedad, Levante UD, Elche CF, Real Betis, RC Celta, Vilarreal CF, Rayo Vallecano, Sevilla FC e Valencia CF).
-A partir de aí os 9 equipos de Segunda División (Dépor, SD Huesca, Sporting de Gijón, Cultural Leonesa, SD Eibar, Albacete Balompié, Real Racing Club, Burgos CF e Granada CF) coñecerán aos seus rivais que restan de Primera División.
-Cunha última eliminatoria entre equipos de Primera concluirá o sorteo.
O Dépor apeou en primeira rolda ao UD Sámano de Segunda Federación (1-4) e á CE Sabadell FC de Primera Federación (0-2).
Esta edición da Copa ademais supuxo o debut de ata 5 canteiráns en partido oficial co primeiro equipo: Pablo García e Fabi en Castro Urdiales; e Samu, Damián Canedo e Bil na Nova Creu Alta.
