RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor conquista o Emma Cuervo cunha sólida actuación ante o Real Oviedo

  O Deportivo fíxose coa 65 edición do Trofeo Emma Cuervo ao imporse (2-0) ao Real Oviedo nun equilibrado partido, que se fixo aún más disputado pola choiva, o irregular estado do césped e as propias dimensións do terr

Gaizka Garitano presentou un sistema de tres centrais (Albentosa, Sidnei e Arribas) e dous carrileros (Bruno Gama e Navarro).
 
O Real Oviedo decidiu replegarse atrás á espera dunha contra. O dominio territorial foi do Dépor, que tamén dispuxo das mellores ocasións, como un cabezazo demasiado alto de Sidnei nun saque de esquina, ou unha vaselina de Lucas que se marchou ao pau.
 
Quizais a máis clara na primeira parte foi un man a man de Borja Vale coa meta ovetense Juan Carlos. O deportivista, ex carbayón, cruzou en exceso a pelota.
 
O Dépor adiantouse no marcador no minuto 55, nunha boa acción de Lucas, que cedeu na área a Guilherme. O disparo do brasileiro, que no descanso relevou a Emre, empúxao Borja Vale á rede, totalmente libre de marca.
 
Apertou o Oviedo en busca do empate, apoiado por máis dun milleiro de seguidores desde as bancadas do campo Pepe Barreira, aínda que a zaga deportivista pechou ben todos os espazos.
 
A sentenza do partido chegou nas botas de Fernando Navarro, que nunha contra recibe un gran pase de Guilherme e acerta a bater á meta Esteban por segunda vez.
 
O corpo técnico deportivista dá un paso máis na preparación ao facer que varios futbolistas (Bruno Gama, Sidnei, Lux, Albentosa, Arribas...) xogasen xa noventa minutos ao completo.
 
Deportivo: Lux, Bruno Gama, Sidnei, Albentosa, Arribas, Navarro, Mosquera, Emre (m. 46, Guilherme), Fayçal (m. 86, Borges), Lucas e Borja Vale (m. 83, Oriol Rise).
 
Goles: 0-1, m. 55: Borja Vale; 0-2, m. 80: Navarro.