RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor de Veteranos, #AsNosas, e o Ardebullo FC golean por Noel

O Deportivo de Veteranos, reforzado por #asnosas (Miriam, Iris, Gaby e Érika), e o Ardebullo FC (equipo formado por artistas e rostros coñecidos galegos), enfrontáronse hoxe por unha boa causa.

O motivo do partido, chamar á solidariedade de todos os cidadáns e deportivistas para colaborar na recadación de fondos para investigar a curación do meduloblastoma que afecta a Noel, un neno de 12 anos de Betanzos. Un tumor que non se pode operar pero que se tratará a través dun ensaio clínico no Hospital A Paz de Madrid. A súa familia necesita 330.000 euros para financiar a investigación e leva recadados algo máis da metade.

Con entrada gratuíta, pero a achega da vontade e a venda de rifas, recadáronse a través do fútbol solidario no García Irmáns de Betanzos uns 6.000 euros xestionados pola Fundación Cris.

Coa colaboración do Real Club Deportivo e a Peña Brigantium, o partido celebrouse nun gran ambiente no campo da Cidade dos Cabaleiros, nun encontro no que o marcador entre os equipos capitaneados por Donato e Xosé Antonio Touriñán foi o de menos. O resultado solidario foi o importante, un resultado que pode aumentar grazas ás doazóns que se queiran efectuar a través da fila cero habilitada na conta: ES38 2100 4204 9122 0017 5041.