Unha sesión post-partido esta mañá en Abegondo serviu para arrincar no Dépor unha intensa semana viaxeira con partido de Copa del Rey en Langreo o mércores 1 de novembro (17:00, TVG-2) ante o CD Covadonga e liga en Irún o domingo 5 de novembro (16:00, FEF TV).
Así pois, o equipo branquiazul verase obrigado a percorrer nestes 7 días un total de 2.000 quilómetros.
Onte en sala de prensa, Imanol Idiakez lembrou após a vitoria ante o Nàstic de Tarragona que "se ti persistes acabas quitando cousas de encima: o de Fuenlabrada aguantando o desconto de Sabadell, todo este inicio de liga sen gañar en ABANCA-RIAZOR, o gol de Pablo Martínez (que non marcara co Dépor)... As cousas cando persistes acaban chegando".
O técnico deportivista quedou do partido de onte con "intres moi bos. Todas as ideas necesitan tempo. Capacidade de mellora imos ter seguro. Hoxe (por onte) vimos cousas interesantes".
Os resultados da xornada última no grupo 1º de Primera Federación deixaron a Os Nosos en 11ª posición da táboa con 14 puntos.
Hoxe luns a xornada foi de recuperación para os titulares ante o Nàstic, aínda que este grupo de futbolistas si realizaron co grupo unha tarefa de activación e uns rondos.
Para o resto do cadro a sesión completouse cuns exercicios de posición, e finalizacións para concluír.
Están con traballo personalizado Yeremay, Jaime e Barbero; mentres que Balenziaga e Ximo Navarro fixeron unhas tarefas co grupo e outras tarefas co readaptador Álex Canosa.
Mella, Jairo, Rubén, Álex Pereira e Óscar Marotías; á marxe de Martín Ochoa, no once inicial onte, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Ademais dos dous partidos desta semana, Imanol Idiakez completará co de hoxe luns 5 sesións de traballo na Cidade Deportiva. Haberá sesión vespertina o venres (17:00 h.) e a do sábado 4 adiántase ás 9:15 co obxectivo de viaxar a continuación a Irún, vía Bilbao.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 30 de outubro
10:30 h.
Martes 31 de outubro
10:30 h.
Mércores 1 de novembro
17:00: CD Covadonga - Deportivo, en Ganzábal (Langreo)
Xoves 2 de novembro
11:00 h.
Venres 3 de novembro
17:00 h.
Sábado 4 de novembro
9:15 h.
Domingo 5 de novembro
16:00: Real Unión de Irún - Deportivo, no Estadium Gal (Irún)