RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor é de Primeira, por Santiago Segurola en Marca

Regresa o Dépola Primeira División e a todos parécenos natural. É un dos equipos que mellor paisaxe fixo no fútbol español nos últimos 20 añvos. Tempo atrás tivo o aire indefinido dos que non acaban de sabe

Ninguén ten a este Dépor como un equipo ascensor. Descendeu porque o difícil é manterse eternamente en Primeira. Só o Athletic, o Barça e o Real Madrid non pasaron pola Segunda División nos últimos 28 anos. Agora volve o Dépor, e a xente espera as decisións de Lendoiro. Hai dúas décadas, o Presidente cambiou o rexistro do equipo con algunhas das operacións máis ousadas daquel tempo. Xa non ten o mesmo marxe de manobra.

As sorprendentes fichaxes de Mauro Silva e Bebeto, estrelas da selección brasileira, foron a primeira mensaxe do cambio que viña. Logo seguiron ídolos como Rivaldo, Djalminha ou Makaay, ademais do excelente ollo para explorar o mercado español. Aquel Dépor foi querido por todos. Era o periférico que se atrevía a desafiar aos grandes. Gañou unha Liga e dúas Copas, fixo historia en Europa coas súas mellores actuacións en Highbury, Old Trafford, San Siro e o Olímpico de Munich. Con ese recordo, o seu paso por Segunda soaba raro. Por fortuna, regresa ao seu sitio natural.