O Dépor enfrontarase á UD Almería na semifinal da Copa del Rey Xuvenil en León
A sede da Real Federación Española de Fútbol acolleu este mediodía o sorteo de semifinais da Copa del Rey Xuvenil que se disputarán a próxima semana en sede única, xunto á final: o Estadio Reino de León.
O RC Deportivo enfrontarase o mércores 8 no penúltimo partido da competición á UD Almería, a segunda semifinal segundo as bólas extraídas polo seleccionador nacional sub-17 e campión da competición, Julen Guerrero.
As semifinais quedaron configuradas do seguinte modo:
Semifinal 1: Athletic Club - Real Madrid
Semifinal 2: RC Deportivo - UD Almería
A anterior e única semifinal de Copa para o Dépor foi na campaña 2010-11, despois de apear á Real Sociedad en oitavos e ao Real Madrid en cuartos. Naquela ocasión, o Xuvenil A foi eliminado polo FC Barcelona.
Nos próximos días, a RFEF ofrecerá toda a información sobre horarios e venda das entradas dispoñibles para a final a catro de León 2023, cuxo partido polo título xogarase o sábado 11 pola tarde.