RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor exhibe a súa canteira ante o Gil Vicente

O Deportivo presume xa de canteira, ao dez añvos de inauguración da cidade deportiva do Mundo do Fútbol. Así, Fernando Vázquez dispuxo dun once inicial ante o Gil Vicente (Primeira División lusa) formado por dez c

A proba, con esquema de tres centrais (con Uxío por detrás), deu bo resultado. O Dépor tuteó ao equipo luso, moito máis experimentado. Incluso os branquiazuis dispuxeron de boas oportunidades para marcar, rompendo sempre coa velocidade de Seoane e Laure a defensa adiantada do conxunto luso. No outro área, Lux apenas pasou apuros, tan só un par de disparos afastados.

A segunda parte, con outro once, deixou o bo debut de Culio, que deu dúas grandes asistencias de gol e maneiras de líder do vestiario; e dous goles de Deak en dúas accións a balón parado que serviron para remontar nos minutos finais o 1-2 provisional. O partido endureceuse polos malos modos do Gil Vicente, que veu gañar a calquera prezo, e a punto estivo de facelo.

Deportivo: Lux, Laure, Rochela, Uxío, Insua, Seoane, Alex, Juan Domínguez, Juan Carlos, Bicho e Luís.

Segundo tempo: Lux, Manuel Pablo, Kaká, Aythami, Deak, Ayoze, Assunçao, Teles (m. 76, Sidibe), Romay (m. 76, Culio), Bruno Gama e Arizmendi.

Gil Vicente: Adriano Facchini, Gabrile, Halisson, Luís Martíns, Diogo Viana, Bruno Morais, Danielson, Keita, Draman, Peixoto e Vilela. Tamén xogaron:

Goles: 1-0,  m. 64: Bruno Gama; 1-1, m. 66: Joao Vilela; 1-2, m. 71: Paulinho; 2-2, m. 86: Deak; 3-2, m. 89: Deak.

Árbitro: Eiriz Mata, do Colexio Galego. Amoestou por parte do Dépor a Juan Carlos, Assunçao e a Luís.