RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor exhibe solidez e crea máis fútbol, pero deixouse dous puntos no Sardinero

O Deportivo segue co guión de case toda a tempada, exceptuando o nove partidos sen gañar na recta final do ano 2006. Gran solidez e traballo defensivo de todo o equipo, confiando en que un fallo rival sirva para sentenciar o partido, preferiblemente cunha

O partido empezou cunha clara ocasión de Estoyanoff a pase de Arizmendi. O remate cruzado do uruguaio foise lamiendo o pau de métaa racinguista. O Real Racing tamén tivo as súas ocasións, pero para chegar con claridade ata Aouate hai que facer as cousas ben e, sobre todo, ter acerto para bater á meta internacional israelí. Ademais, coa lección ben aprendida de Zigic, a zaga coruñesa foi capaz de frear ao dianteiro iugoslavo, quen apenas tivo oportunidades.
A segunda parte comezou igual que a primeira. Riki recolle un balón ao segundo pau de Estoyanoff, remata a portaría, e, tras golpear o balón no porteiro do Real Racing, vaise ao traveseiro. Ao caer recólleo Juan Rodríguez que xuta ao bordo da área pequena. O seu tiro é despexado por un defensa baixo os paus. O rexeite vólvelle a caer a Riki, que dispara alto. Foi a ocasión do partido, a mellor do Deportivo e a que puido cambiar o signo do encontro.
O Real Racing, consciente de que o empate tamén era pouco premio, tentou a base de Munitis, Zigic e Serrano tentar o oco de entrada cara a Aouate. Só tivo unha clara, cando un remate da dianteira cántabra é sacada debaixo da portaría por Sergio. A recta final foi plácida para o Dépor, porque o equipo local foi baixando de intensidade e apenas creou perigo nos últimos minutos.
Ao final do partido, empate a ceros e, a pesar de non facer goles, sensacións positivas do Deportivo no Sardinero.