RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor flojea en Ponferrada e despide a pretemporada con derrota

- Foto: Susi García - O Deportivo cayó esta tarde en Ponferrada (3-2) no último amigable de pretemporada. Unha derrota xusta posto que a Ponferradina superó ao Dépor en intensidade e concentración.

Xa desde o primeiro minuto, os locais cercaron o marco de Lux. O Dépor apenas foi capaz de saír da presión da Ponferradina no arranque de partido. Froito deste dominio chegou o primeiro gol, tras varios saques de esquina e lanzamentos de faltas desde a frontal da área deportivista. Acorán tras unha gran xogada e driblar a varios rivais, plantouse ante Lux, que o derrubou na área. Yuri foi o encargado de anotar o penalti.

Tras o tanto inicial o Dépor tentouse estirar pero apenas creou perigo, aínda que Juan Domínguez, na recta final, conseguiu igualar o partido ao aproveitar un mal despexe da meta Dinu.

Víctor Fernández moveu pezas ao descanso. Relevou a Canella por Medunjanin no que supuxo o debut da última fichaxe como xogador do Deportivo. O bosníaco situouse diante dos centrais para aproveitar a súa boa saída de balón.

O Dépor mellorou e puido porse por diante grazas a unha ocasión de Conca e outra de Toché; pero golpeou de novo a Ponferradina, grazas sobre todo á verticalidad de Pablo Infante. O ex do Mirandés adiantou de novo ao equipo berciano.

De novo a remolque no marcador, Toché, pichichi do verán, conseguiu igualar tras outro erro defensivo local. Pero o Dépor sufría en defensa, con varias oportunidades claras da Ponferradina e arriba faltaba precisión na zona de tres cuartos.

Froito da insistencia berciana chegou o 3-2 definitivo, cun balón colgado ás costas dos centrais que Sobrino aproveitou para bater de novo a Lux a pór fin á pretemporada do Dépor con derrota. Tres vitorias, un empate, cinco derrotas, nove goles a favor e dez en contra son as cifras da preparación do Dépor desde o pasado mes de xullo.

Ponferradina: Dinu, Carpio, Julen, Cristian F., Berrocal, Yuri, Jonathan, Alan, Acorán, Andy e Alberto A. Tamén xogaron: Lucas, Rueda, Sobrino, Ramírez, Pablo Infante, Camille e Adán.

Deportivo: Lux, Laure, Lopo, Insua, Canella (m. 46, Medunjanin), Juan Domínguez, José Rodríguez, Conca (m. 70, Cavaleiro), Fariña, Luisinho e Toché. (m. 82, Remeseiro).

Árbitro: Víctor Areces Franco. Expulsou a Luisinho no minuto 91 con vermella directa por zancadillear a un contrario. Amoestou a Lux con cartolina amarela.

Goles: 1-0, m. 22: Yuri, de penali; 1-1, m. 39: Juan Domínguez; 2-1, m. 56: Pablo Infante; 2-2, m. 75: Toché; 3-2, m. 86: Sobrino.