RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor gaña en Santander e gaña votos para equipo revelación da liga na segunda volta

O partido en Santander, coa xusta vitoria deportivista sobre o Real Racing Club (1-3) dejó ben claras varias cousas. En primeiro lugar, o equipo acariña a permanencia ao sumar 40 puntos a falta de sete partidos. En segundo lugar, o Deportivo demost

Lotina despexou as dúbidas e foi Juan Rodríguez o substituto de Wilhelmsson, que quedou na Coruña lesionado. Adrián López relevou a Lopo e o Dépor mantivo o sistema de cinco defensas que o converteu na gran revelación da segunda volta. O duelo comezou de maneira ideal. Xisco, un dianteiro en refacho, recolle un balón na frontal da área, revólvese e lanza un disparo seco e raso ao que Toño, o heroe do seu equipo en Riazor no partido da primeira volta, nada puido facer. Era o 0-1 soñado por moitos adestradores.

Moito máis enchufado saíu ao campo o Deportivo, que impediu ao Real Racing xogar comodamente a pelota e tapou moi ben a Munitis e a Tchité, ambos os desaparecidos durante todo o partido. Pronto esa ambición plasmouse no segundo tanto, obra dun dos grandes alicerces deste equipo e un dos defensores máis en forma da liga, Fabricio Coloccini. Tras un rexeite da defensa cántabra, Manuel Pablo colga o balón á área, Pablo Amo, con gran intelixencia, coloca o balón de cabeza ao segundo pau onde apareceu o central arxentino para fusilar a Toño. Corría o minuto 25 e o partido púñaselle de face ao Deportivo.

Apertou o Racing cun Marcelino pedindo tranquilidade aos seus. Puido recortar distancias o cadro local nun balón que Aouate non bloca tras un disparo de Ayoze ao bordo da área. Tchité desvía o esférico á portaría e Sergio, ben colocado baixo paus, saca o esférico con tranquilidade.

Froito do dominio territorial racinguista chegou o empate. Corría a media hora de xogo cando Pablo Amo desvía un pase lixeiramente coa man de Colsa a Munitis na frontal da área. Velasco Carballo non o dubida. Jorge López coloca o balón na escuadra de Aouate. O Sardinero soñaba co empate. Pero foi só unha miraxe. Pouco despois, ao fío do descanso, Lafita recolle un balón en profundidade nun gran contragolpe deportivista e deixa un pase maxistral a Xisco ao corazón da área. O mozo dianteiro branquiazul, cun toque sutil, bate a Toño e colocaba o 1-3 que sería definitivo.

Tras o descanso, o Dépor dedicouse, con oficio, a aguantar a vantaxe. Cedeu o dominio territorial ao Racing, que apenas foi capaz de crear ocasións de gol. A máis clara foi nun saque de esquina. O cabezazo da dianteira cántabra sacouno Filipe baixo paus. Tamén Colsa puido marcar doutro remate de cabeza que Aouate desviou a saque de esquina. O Dépor tambíen tivo as súas opcións, como unha espectacular volea de Verdú nunha xogada de estratexia ao saque dunha falta. Filipe, en lugar de meter o balón á pota, envíao a Verdú, só no vértice da área. O catalán, nun detalle técnico excelente, o baixa con calidade e volea lixeiramente alto.

De Guzman, outro dos futbolistas que está nun gran momento de forma, puido lograr o cuarto xa no tramo final do partido. O seu remate franco tras unha gran xogada de Xisco foise tamén alto.

Ao final, vitoria xusta do Deportivo recoñecida tamén polos xogadores racinguistas e o equipo coruñés, xa con máis tranquilidade e con 40 puntos, 7 por encima de posicións de descenso que ocupa agora mesmo o Real Zaragoza, pensa xa na visita do Athletic Club a Riazor, o vindeiro domingo ao cinco da tarde.