RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor gaña en Xetafe e demostra que pode contra todo

Partido heroico o do Deportivo en Xetafe. Ganó (0-2) con xustiza tras xogar 53 minutos con dez futbolistas por expulsión inxusta de Riki no ecuador da primeira metade e os últimos 12 minutos más os 4 do desconto con nove homes,

Tras este resultado, o Deportivo suma 19 puntos empatado na terceira posición co Sevilla e durmirá en postos de Liga de Campións, a expensas do partido de mañá domingo da Valencia, agora quinto clasificado con 18 puntos.

Lotina viuse obrigado a cambiar o equipo que empatou ante o Sporting de Xixón. Lassad, lesionado, quedou na Coruña e o seu substituto foi Mista. Pois ben, acertou o técnico no cambio porque sen dúbida Mista, coa súa lesión da tempada pasada xa totalmente esquecida, foi o protagonista do partido.

Nos compases iniciais, Mista volveu ver porta en Liga ao rematar de cabeza de forma espléndida un bo centro de Filipe, outro dos destacados do partido. En Copa do Rei Mista xa estivo a gran nivel e hoxe volveu demostrar que pode ser un gran arma para o Dépor.

Pero esta noite tocaba sufrimento en Xetafe, e de aseguralo encargouse González González, do Colexio Castelán-Leonés. Primeiro amoestou a Riki por entender que simulara unha caída cando ben puido sinalar falta a favor do Deportivo. Case inmediatamente, o dianteiro branquiazul viu a segunda amarela por crer o árbitro equivocadamente que tocou o balón coa man. Así pois, tocaba tirar de oficio e da épica para salvar os mobles.

Con dez homes o Dépor non se descompuxo en ningún momento. Todos a traballar en defensa e a saír en velocidade á contra. E ésto faino o conxunto coruñés que dá xenio. Sabe ir ás esquinas, perder tempo con xogadas en banda, aproveitar a Mista para recibir arriba de costas á defensa... E a liña de defensores deportivistas é sen dúbida é do de máis nivel da liga, aínda co encontro de Valladolid aínda recente.

Puido marcar o segundo o Dépor nesta primeira metade pero unha preciosa vaselina de Gardado vendo a Ustari adiantado foise fóra por moi pouco.

Tras o descanso, e cando parecía que o Xetafe ía saír en tromba a por o empate, foi o Dépor o que mandaba no xogo. Froito do seu mellor xogo chegou o segundo tanto. Gardado centra en semifallo á área, Mista esquiva con mestría o fóra de xogo, queda só ante Ustari pero intelixentemente cédelle a Filipe que chegaba desde atrás para que só teña que empuxala á rede no seu segundo gol esta tempada.

O partido quedaba practicamente visto para sentenza, a pesar de que o Deportivo tivo que xogar a recta final con nove futbolistas pola dobre amarela que viu Sergio, que tivo cunha amarela que facer falta para cortar un contragolpe madrileño.

Agora, co obxectivo cumprido, a ratificar este martes ás 18.00 horas o pase aos oitavos de final da Copa do Rei en Riazor ante o Murcia. Na ida tamén gañou o Deportivo (0-1) na Nova Condomina.

Xetafe: Ustari; Miguel Torres, "Cata" Díaz, Mario, Manei (Pedro Ríos, m. 45); Boateng (Casquero, m. 60), Adrián, Albín; Pedro León, Manu (Gavilán, m. 45) e Soldado.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Filipe Luís; Juan Rodríguez, Sergio, Antonio Tomás, Gardado (Zé Castro, m. 84); Mista (Adrián, m. 60) e Riki.

Goles: 0-1, m. 13: Mista; 0-2, m. 59: Filipe.

Árbitro: González González (Comité Castelán-Leonés). Expulsou inxustamente a Riki por dobre amoestación  e a Sergio así como a Miguel Anxo Lotina. Amoestou a Aranzubia e ao getafense Boateng.

Incidencias: Coliseo Alfonso Pérez con presenza de medio centenar de afeccionados deportivistas nas bancadas.