RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine, campión galego de fútbol sala en categoría adaptada

O Deportivo Genuine disputou hoxe os seus dous últimos partidos da temporada da liga galega de fútbol sala en Redondela, con vitoria en ambos os partidos, proclamándose deste xeito campión galego de fútbol sala na categoría adaptada.

O Real Club Deportivo, encadrado no grupo B, disputou o primeiro dos partidos no pavillón municipal de Redondela, fronte ao Real Club Celta de Vigo, para ditaminar quen sería o primeiro de grupo. Cada partido da competición tiña unha duración 24 minutos, repartidos en 2 períodos de 12 cada un. Ao descanso, neste primeiro partido o marcador reflectía un 3-1 para o Celta. O segundo período terminaría cunha gran remontada do RC Deportivo: 3-4, con 3 tantos do xogador Álex Rei e unha gran actuación do equipo.

Posteriormente disputouse a final da categoría adaptada, onde se enfrontaron o primeiro do grupo A, o Vilagarcia, contra o primeiro do grupo B, o Deportivo. O partido terminou con vitoria do branquiazul por 4 goles a 0.

Ao finalizar ambos os partidos, realizouse a entrega de premios a todos os equipos participantes. Coa disputa desta xornada, finaliza a temporada de fútbol sala organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado. A próxima competición terá lugar en 2020 e o Deportivo contará con varios equipos nas diferentes categorías.

Os resultados da última xornada foron os seguintes:

Fase de grupos
CELTA DE VIGO 3-4 RC DEPORTIVO

Final categoría adaptada
VILAGARCÍA 0-4 RC DEPORTIVO. Goles: Bárbara e Alex Rei (3)