RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine segue sumando partidos na II Liga Galega de Fútbol 8 da FGDA

Dous equipos do Dépor Genuine, o Dépor Genuine Competición e o Dépor Genuine Adaptado, disputaron onte mércores 23 de marzo na Madroa (Vigo) unha nova xornada da II Liga Galega de Fútbol 8, campionato que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).

O Dépor Genuine Competición impúxose nos seus dous encontros, mentres que o Dépor Genuine Adaptado sumou unha vitoria e unha derrota.

Estes foron os resultados de ambos os conxuntos do Dépor Genuine:

DÉPOR GENUINE COMPETICIÓN 4 - ASDAN 1
DÉPOR GENUINE COMPETICIÓN 8 - CELTA INTEGRA A 0

DÉPOR GENUINE ADAPTADO 4 - SALADINO B 0
DÉPOR GENUINE ADAPTADO 2 - SALADINO A 4