O Dépor gozou da primeira fin de semana de competición en LaLiga Genuine
Co partido contra o RCD Mallorca púxose punto final á primeira fin de semana de competición en LaLiga Genuine, unha cita na que participan todos os equipos da competición para medir o seu nivel de cara ás sedes e emparellamentos do resto da temporada.
No último e único partido do domingo, o Dépor caeu por 0-2 ante o Mallorca nun encontro con estes parciais:
Dépor-Mallorca: 0-2 1ª Parte (0-2) 2ª Parte (1-1) Álex Rey 3ª Parte (0-0) 4ª Parte (0-2)
Onte, baixo a atenta mirada de Donato, en representación da Fundación Real Club Deportivo, os futbolistas branquiazuis disputaron os seus dous primeiros encontros, ambos os saldados con estes resultados globais e parciais:
Dépor-Eibar: 1-2 1ª Parte (0-5) 2ª Parte (1-1) Miguel Rivas 3ª Parte (0-1) 4ª Parte (2-1) Álex Rey (2)
Dépor-Elche: 1-3 1ª Parte 0-2 2ª Parte 3-0 Alex Rey (3) 3ª Parte 1-2 Miguel 4ª Parte 0-2
A competición detense agora até principios de 2020, nos que o Dépor coñecerá sede e rivais para a segunda xornada da competición organizada pola Fundación LaLiga.