RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor inicia a semana previa á visita ao UD Sanse con só Raúl Carnero á marxe do grupo

O Deportivo retomou esta mañá en Abegondo os adestramentos despois de dous días de descanso.

Óscar Cano citou ao seu cadro ás 9:00 para almorzar xa na instalación e saltar ao campo a partir das 10:30 horas.

O técnico branquiazul puido contar no céspede con todo o seu cadro fóra de Raúl Carnero, que nos próximos días comezará o seu progresivo regreso ás tarefas de grupo.

O adestramento desta mañá foi de activación, con rondos, un partido 11 contra 11 e fútbol en espazo reducido para concluír. Dani Barcia foi hoxe o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o equipo adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 e continuará así preparando a próxima cita ligueira, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 (InSports.tv) no Estadio Municipal José Luis de la Hoz-Matapiñonera ante o UD San Sebastián de los Reyes.