RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor leva a 21 futbolistas ao amigable desta tarde en Viveiro ante o Racing de Ferrol

O Deportivo realizou esta mañá, baixo unha persistente choiva, o último adestramento correspondente á segunda semana de pretemporada.

Juan Antonio Anquela dedicou boa parte da sesión ao ensaio de accións a balón parado, de cara ao segundo encontro de preparación, hoxe sábado 27 de xullo ás 19:00 horas fronte ao Racing de Ferrol no campo de Cantarrana en Viveiro.

Ambos os equipos pelexarán polo Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro, cuxos actos conmemorativos se iniciaron o pasado martes 23 de xullo coa inauguración dunha exposición sobre o seu cuarto de século de vida. A Sala Municipal da Praza Maior de Viveiro acolle a mostra até hoxe mesmo.

Un grupo de xogadores completou a sesión cunha tarefa de posesión e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Adestráronse á marxe do grupo Diego Rolan, Pedro Mosquera e David Simón, estes dous últimos co readaptador Fran Molano.

Para o amigable desta tarde en Viveiro, Anquela citou a 21 futbolistas, entre eles 7 fabrilistas.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O cadro volve ao traballo o luns 29 de xullo ás 10:00 horas en Abegondo.