RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pasa páxina a base de traballo, esta mañá en Almería

Apenas 10 horas despois de que finalizase o encontro de onte á noite no Estadio Juegos Mediterráneos ante a UD Almería, o Dépor volveu ao lugar dos feitos, esta vez ao campo anexo, para volver ao traballo.

Cun longo desprazamento de 1.140 quilómetros por diante, deles 201 por estrada até Málaga e logo 2 avións, Natxo González optou por centrar ao equipo desde xa na próxima cita ligueira, o sábado 24 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo).

Como é habitual o día posterior a cada partido, os futbolistas titulares onte á noite realizaron só a primeira parte do adestramento, con carreira continua e estiramentos. Continuaron con tarefas de recuperación de regreso ao Hotel NH Almería. Este foi o caso de David Simón, Pablo Marí, Domingos Duarte, Saúl, Álex Bergantiños, Vicente Gómez e Christian Santos. Quique González nin sequera pisou o céspede e quedou no hotel.

Para os demais xogadores, incluídos Edu Expósito e Carles Gil por xogar só medio encontro, o adestramento foi de alta intensidade, cun quecemento, un exercicio de posesión e, para concluír, fútbol en espazo reducido. Todo iso por espazo de 1 hora e 30 minutos.

Mañá mércores, xa co cadro ao completo e incluído o internacional Carlos Fernández, adestrarase ás 11:00 horas en Abegondo.