RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor perfila cunha serie de partidos en ABANCA-RIAZOR o plan para recibir á UD Logroñés

O Deportivo realizou esta mañá en ABANCA-RIAZOR o ensaio forte da semana de cara á visita da UD Logroñés deste sábado 30 de abril ás 19:00 horas, en choque correspondente á 34ª xornada de Primera RFEF coas cámaras de TVG-2, Footters e Fuchs-Sports en directo.

Para iso, Borja Jiménez dispuxo, após un quecemento con rondos, unha serie de partidos once contra once a tres cuartas partes de campo. O técnico branquiazul impartiu constantes instrucións co obxecto de perfilar o plan de partido; e realizou continuos intercambios de futbolistas entre os dous equipos. Ademais, houbo especial fincapé en accións a balón parado, como saques de esquina...

Tiveron adestramento individualizado Víctor, Menudo e Trilli. Pola súa banda, Noel, Yeremay e Dani Barcia foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 28 de abril o Dépor adestrarase en Abegondo a partir das 10:30 horas.