A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios dos partidos correspondentes á 40ª xornada de LaLiga Hypermotion, na que o Dépor recibe ao FC Andorra en ABANCA-RIAZOR.
O encontro está fixado o domingo 17 de maio ás 14:00, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas.
Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:
38ª xornada
Venres 1 de maio, 18:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - CD Leganés
39ª xornada
Venres 8 de maio, 20:30, Nuevo Mirandilla: Cádiz CF - Deportivo
40ª xornada
Domingo 17 de maio, 14:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - FC Andorra
O Dépor afronta a recta final de LaLiga Hypermotion con só David Mella á marxe do grupo
#OSNOSOS
O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha semana curta para "traballar, para preparar ben o partido co CD Leganés", este venres 1 de maio en ABANCA-RIAZOR
#OSNOSOS
Villares di que "non é penalti na vida" e Escudero "non acaba de entender o protocolo do VAR"
#OSNOSOS
Antonio Hidalgo pregúntase "para que veu o VAR ao mundo do fútbol"
#OSNOSOS
