RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
19 mai 2013

O Dépor segue vivo cun traballado triunfo ante o Espanyol

Foto:Santiago Lópeixe O Deportivo tumbó a un gran Espanyol, con goles de Bruno Gama e Nelson Oliveira, suma 35 puntos e segue vivo na loita por evitar o descenso. Abel Aguilar por Alex Bergantiñfoivos o único cambio no on

O partido arrincou cun fenomenal susto. Stuani, a centro de Sergio García, cabecea ao traveseiro libre de marca. O rexeite recólleo Verdú, que remata fóra por pouco. Saíu mandón o Espanyol, disposto a adiantarse no marcador.

Aguirre, técnico espanyolista, aprendeu a lección de Sevilla, onde aos poucos minutos xa tiña un 3-0 en contra. Así, espoleó aos seus para que, a pesar de ter a tempada practicamente finiquitada, saísen a por o partido.

Aos poucos o Dépor empezou a entrar no partido. Riki rematou frouxo debaixo do corpo de Cristian Álvarez. O balón sacárono dous defensores cataláns case debaixo da raia. Pouco despois, Ze Castro, de chilena, a punto esta de lograr o primeiro gol.

A terceira clara foi para Pizzi, que, tras unha parede con Valerón, plántase só ante Cristian. A meta, co seu corpo, abortou o gol.

Era o Dépor o claro dominador do partido, aínda que o Espanyol seguiu cos seus contras letais.

O segundo tempo empezou xusto como quería Fernando Vázquez. Bruno Gama, de espléndido chute desde fóra da área, adiantou ao Deportivo. Antes, Silvio evitara o 0-1 na mesma raia de gol tras un paradón de Aranzubia noutra contra perica.

O partido toleou. O Espanyol foise cara arriba buscando o empate. Riki puido sentenciar nun balón longo. Gáñalle a acción a Baena, encara a Cristian pero de novo volve salvar a meta espanyolista. Na outra portaría, Aranzubia ten que empregarse a fondo nun par de bos centros pericos.

Fernando Vázquez cambia a defensa de tres centrais e dous carrileros (Manuel Pablo e Silvio), coa entrada de Kaká por Valerón. Alex relevara anteriormente a Abel Aguilar, que tiña un cartón amarelo.

O Dépor entón si se fixo co control do partido e Nelson sentenciou noutro contragolpe. O internacional deportivista si lle gañou no man a man a Cristian Álvarez e sentenciou o partido.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Zé Castro, Sílvio; Abel Aguilar (Álex Bergantiños, min.64), Juan Domínguez; Bruno Gama, Valerón (Kaká, min.75''), Pizzi; e Riki (Nelson Oliveira, 79'').

Espanyol: Cristian Álvarez; Javi López, Colotto, Raúl Rodríguez, Víctor Álvarez; Baena (Simao, min.71), Tejera (Cristian Gómez, min.58); Stuani, Verdú (Petrov, min.85''), Wakaso; e Sergio García.

Goles: 1-0, min.49: Bruno Gama. 2-0, min.91: Nelson Oliveira.

Árbitro: César Muñiz Fernández, do colexio asturiano. Mostrou cartón amarelo a Manuel Pablo, Abel Aguilar e Valerón, polo Deportivo.